xoves, 4 de novembro de 2010

CONMEMORACION DOS 500 ANOS DA FEIRA DE SANTOS

 



Unha xeitosa recopilación de fotos e ilustracións a carón da memoria histórica da Feira de Santos amosou no corredor principal do cole a conmemoración dunha data tan especial e irrepetible: 500 anos da Feira de Santos.
Contamos tamén coa colaboración do profesor D. Tomás Pereiro para o coloquio amistoso cos alumnos e alumnas no cal contou as súas vivencias de como era antigamente esta feira.



mércores, 29 de setembro de 2010

CONCERTO DIDÁCTICO A CARGO DE PACIOR E MIGUEL



Os profesores de percusión e gaita da Asociación Cultural Falcatrueiros, Miguel López e Pablo Pardo, achegáronse ó noso centro para fomentar nos nosos alumnos o gusto pola música tradicional, animándoos a participar na escola de gaita, baile e percusión.
Foi un concerto didáctico sorprendente que animou a moitos alumnos a iniciarse no mundo da música.

martes, 7 de setembro de 2010

CURSO ACADÉMICO 2010/2011






¡ESTAMOS DE ESTREA!
Por fin este curso podemos disfrutar dun novo edificio para albergar o CEIP DE MONTERROSO. Un novo espazo para seguir sementando valores e normas, hábitos tentando achegar aos escolares a cultura e potenciando a lingua galega.

luns, 21 de xuño de 2010

Camiño de Santiago




Como estamos en ano Xacobeo pensamos que unha boa idea para pechar este curso era percorrer un tramo do camiño francés, que pasa bastante preto do noso colexio. Os "peques" non fixemos moitos quilómetros, pero pasámolo ben. Os maiores xa andaron máis, que para iso teñen as pernas máis longas.

xoves, 17 de xuño de 2010

Granxa Barreiros

















A primavera é un bo momento para ir ó campo e nós visitamos unha granxa. Alí coñecemos algunhas plantas aromáticas, demos de comer ás galiñas, vimos as ovellas... Tratáronnos moi ben alí e fixemos un montón de cousas. O paseo no carro de Roque foi das cousas que máis nos gustaron...

martes, 8 de xuño de 2010

Visitamos Lugo


Lugo non está lonxe de Monterroso, pero para os nenos e nenas do cole é unha aventura. Fomos ver unha obra de teatro ó auditorio Gustavo Freire e, aproveitando que facía bo tempo, visitamos os parrulos do parque Rosalía de Castro. Pasámolo moi ben!

venres, 28 de maio de 2010

Día das Letras Galegas


Este ano tivemos a sorte de contar cun contacontos o día das Letras. Celso contounos varios contos que nos resultaron moi divertidos, pasamos un anaco fantástico coas súas historias.

Dende aquí queremos darlle as grazas pola súa visita.