venres, 28 de maio de 2010

Día das Letras Galegas


Este ano tivemos a sorte de contar cun contacontos o día das Letras. Celso contounos varios contos que nos resultaron moi divertidos, pasamos un anaco fantástico coas súas historias.

Dende aquí queremos darlle as grazas pola súa visita.

venres, 23 de abril de 2010

Día do libro










Polo 23 de abril adoitan chegar ó noso colexio algúns libros novos. Aquí temos algúns dos nenos e nenas de infantil pasándolles revista, a ver que tal son este ano.

luns, 22 de febreiro de 2010

Día da Paz


Este ano escollemos unha maneira diferente de celebra-lo día da Paz. Fixemos unha carreira solidaria coa que recadamos cartos para a ONG Save the Children. Colaboraremos con esta ONG nos seus proxectos en Costa de Marfil.

O Nadal


Nadal non só é tempo de paz, senón que tamén é tempo de creatividade. Este ano organizamos un concurso de postais, e os resultados foron espectaculares. Tivemos cinco premiadas, pero había moitas máis que merecían un premio...

xoves, 10 de decembro de 2009

Curso novo, vida nova.


Comezamos un novo curso, con moitas caras novas, moi noviñas, e iniciamos o segundo ano de vida deste blog, unha xanela pola que queremos saír un pouquiño ó exterior.

xoves, 21 de maio de 2009

O castro de Viladonga


Os nenos e nenas de infantil visitamos o castro de Viladonga no mes de maio. A todos nos pareceron unhas casiñas moi interesantes. Tamén vimos unha representación con títeres, había unha bruxa que daba moito medo.

xoves, 7 de maio de 2009

Anxo Fariña o Día do Libro






O Día do Libro tivemos a sorte de ter aquí a Anxo Fariña, que nos abraiou cos seu debuxos. Dámoslle as grazas pola visita que nos fixo, sobre todo os máis pequenos do cole.