mércores, 29 de abril de 2015
CREACIÓN DO HORTO ESCOLAR: UNHA XORNADA LÚDICA E IRREPETIBLE
No patio escolar atopamos un lugar axeitado para ubicar o noso horto escolar de plantas aromáticas, despois dun minucioso estudo das máis coñecidas da nosa comarca. Unha actividade principal do Proxecto Voz Natura.
martes, 28 de abril de 2015
CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO
Contando coa colaboración do equipo da biblioteca achegamos o alumnado a magna obra de Cervantes: "O Quixote", da man de unidades didácticas e xeitosos murais programados para o evento.
Co firme propósito de fomentar a lectura de autores diversos durante todo o curso escolar, achegamos tamén distintas propostas didácticas de lectura para o tempo de lecer.
martes, 31 de marzo de 2015
OBRADOIRO DE TRADICIÓN ORAL: "CONTO VIAXEIRO DAS PLANTAS AROMÁTICAS DA ULLOA"
Actividade levada a cabo pola titora de 6º de Educación Infantil en colaboración coas familias. Sorprendente participación con verdadeiras obras de arte no eido da botánica.
mércores, 18 de marzo de 2015
CELEBRACIÓN DO ENTROIDO NA ESCOLA
Unha xornada lúdica e divertida na que participamos cos nosos disfraces nun laborioso desfile adicado este ano os contos tradicionais: "Carapuchiña e o Lobo", "Brancaneves e os 7 enaniños", "Pitufolandia" e o "Flautista de Hamelín".
DEGUSTACIÓN DE DOCES TÍPICOS DO ENTROIDO E CHOCOLATADA
martes, 3 de febreiro de 2015
CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA
Da man dun superglobo da paz, cheo de mensaxes, manualidades, pombas e adicatorias dos alumnos co obxectivo de potenciar a solidariedade e a convivencia no entorno, facendo un mundo mellor.
luns, 12 de xaneiro de 2015
OBRADOIRO MEDIOAMBIENTAL: "COÑECEMOS AS PLANTAS AROMÁTICAS DA ULLOA"
Unha iniciativa lúdico-didáctica recollida no proxecto Voz Natura para coñecer a fondo a botánica da Comarca da Ulloa coa participación de todas as familias.
A actividade consistiu na elección dunha planta, árbore ou arbusto da Ulloa e elaborar unha ficha didáctica adiviñando propiedades, usos e beneficios da mesma.
mércores, 24 de decembro de 2014
FESTIVAL DE NADAL 2014
Un ano máis, o trasno de Nadal engaiola a nosa comunidade educativa. Celebrámolo cun fermoso festival no que participaron os alumnos interpretando panxoliñas, dramatizacións, bailes e mimos, lembrando esta data feiticeira. Velaquí a mostra!
Os principiantes de tres anos cantaron unha panxoliña.
Os alumnos de 5º de Primaria deleitáronnos cunha fermosa mostra mímica!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)