martes, 27 de decembro de 2016

NADAL NA ESCOLA


Coma sempre intentando facer algo especial co Trasno do Nadal, traballamos nas aulas esta celebración con murais, cantigas, dramatizacións... cun entusiasmo especial que quedou plasmado no festival realizado no ximnasio. 

Nas vindeiras datas engadiremos as fotos desta celebración máxica!

martes, 29 de novembro de 2016

DÍA DA VIOLENCIA DE XÉNERO


A conmemoración deste día foi simbólica e contamos nesta ocasión cunha fermosa iniciativa para reinvidicar a non violencia de xénero conxuntamente cun grupo de alumnos do IES Monterroso e os seus profesores. 





No ximnasio do CEIP realizamos unha xornada de convivencia cunha solta de globos e tamén a realización de murais por parte dos nenos. 

martes, 22 de novembro de 2016

CONTACONTOS CON SUSANA HERRERA

Unha xornada interactiva a cargo da creatividade e o bo facer de Susana Herrera que nos fixo pasar un momento inesquecible.




Participamos todos con moita alegría!


Moitas grazas Susana! Agardamos a túa volta!

martes, 15 de novembro de 2016

A FESTA DO MAGOSTO


Unha data que traballamos nas aulas con moitas actividades tentando achegar o producto típico do Outono da nosa comarca dun xeito lúdico e festeiro. 



Con moitas manualidades e preparando con envases de reciclaxe os nosos bolsos castañeiros.



Non faltaron cantigas e pandereteiras animando o Magosto!


xoves, 3 de novembro de 2016

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN NA ESCOLA


A festa do Samaín sorprendeunos pola valiosa colaboración de todos os profes e alumnos para decorar o corredor principal do centro. Tamén agardecer a extraordinaria colaboración de todas as familias que aportaron cabazas sorprendentes cheas de orixinalidade.



Velaquí unha mostra das mellores cabazas!





xoves, 29 de setembro de 2016

BENVIDOS AO CURSO 2016-2017!

Benvidos de novo!

Comezamos un novo curso académico con novas caras e moitas ilusións. Seguiremos a fomentar e a dinamizar a nosa lingua e a nosa cultura na nosa comunidade educativa.




martes, 7 de xuño de 2016

GALARDÓN DE VOZ NATURA

Un ano máis, seguimos participando con Voz Natura e o vindeiro curso académico tentaremos ampliar o noso horto escolar, agardando sementar e recoller froitos, hábitos e ilusións!
O noso agradecemento a Fundación Santiago Rey Latorre por premiar o noso esforzo e pola súa importante aportación económica.


martes, 31 de maio de 2016

OBRADOIRO MEDIOAMBIENTAL VOZ NATURA: ACTIVIDADES

Velaquí a mostra de todo o traballo realizado nas actividades de Voz Natura para seguir fomentando hábitos de conservación dos nosos espazos naturais máis próximos seguindo coa reforestación e coidado do patio de recreo.



martes, 24 de maio de 2016

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: HOMENAXE A MANUEL MARÍA

Realizamos distintas actividades para coñecer a obra e a vida do autor Manuel María da man de carteis ilustrativos e diversas actividades lúdicas para fomentar o interese polos nosos escritores con distintas actividades motivadoras, murais, unidades didácticas axeitadas e manualidades.









xoves, 24 de marzo de 2016

DÍA DA ÁRBORE

Coa plantación dun castiñeiro no patio escolar, como colofón despois de 3 anos de reforestación con tilos, magnolios, photimias, plataneros, adecentando as zonas axardinadas e de lecer.





mércores, 2 de marzo de 2016

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO NA ESCOLA


Este ano adicámolo a recreación e elaboración de disfraces de animais, estacións do ano, o bosque que tanto engaiola ós alumnos, desde a etapa de Infantil disfrazados de bonecos de neve, do outono, da primavera e do verán.






Velaquí a mostra dos disfraces dos cursos de E. Primaria!

mércores, 17 de febreiro de 2016

OBRADOIRO DE TRADICIÓN ORAL: ADIVIÑAS DA NATUREZA

Actividade destinada as familias que resultou moi atractiva que consistía na elección dun animal, estación do ano, planta preferida... Co resultado de fermosos traballos que agasallaron o corredor principal.







PROXECTO MEDIOAMBIENTAL VOZ NATURA

Seguimos un ano máis conservando o noso entorno natural, o patio de recreo. Seguiremos a traballar coas brigadas verdes cuxa misión é vixiar e colaborar cos compañeiros na reciclaxe dos residuos depositándoos nos distintos colectores, sen esquecer o coidado do noso horto de plantas aromáticas.














mércores, 3 de febreiro de 2016

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ NA ESCOLA

Traballouse este día desde as aulas coas titoras para lembrar as normas de convivencia e tolerancia. Adicamos tamén esta celebración para recordar que a paz é cousa de todos e os valores de respecto, tolerancia e solidariedade deben estar presentes en todo momento.


martes, 5 de xaneiro de 2016

UNHA XORNADA ESPECIAL: O FESTIVAL DE NADAL

Un ano máis, o trasno do Nadal aterriza no CEIP de Monterroso. Velaquí o arte dos nosos escolares interpretando panxoliñas, bailes e dramatizacións.


Este é a estrea dos alumnos de 4º de Educación Infantil.


"Con mi burrito sabanero" amenizáronnos os alumnos de 5º de Educación Infantil.



Dramatización dos alumnos de 6º de Educación Infantil.