luns, 6 de novembro de 2023

SAMAÍN!!!

 A semana pasada estivemos de celebración!!. O samaín é unha festa de orixe celta onde a barreira entre o mundo humano e sobrenatural desaparece.

O noso cole colleu este aspecto.



Os nenos e nenas decoraron cabazas que acabaron nos establecementos do pobo!!

Que fermosas!!




Contamos un conto en galego-inglés para tódolos nenos e nenas de infantil e primaria: " A velliña que non lle tiña medo a nada".





En infantil tamén fixemos unhas merendas terroríficas!! Estaban de medo!!




E os nenos de primaria deixaron voar a imaxinación e inventaron historias de medo que leron aos seus compañeiros. Moi ben rapaces!!