martes, 24 de novembro de 2020

25 Novembro

 Hoxe conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, por iso poñemos á vosa disposición “A Historia dos bonobos con lentes” de Adela Turín.

Como vimos, os bonobos e as bonobas tiñan un status moi desigual: eles comían o que elas recollían; eles viaxaban, aprendían e modernizábanse pero non aceptaban que elas evolucionaran... Pensades que hai tarefas que só poden facer os bonobos e outras que só poden facer as bonobas?

luns, 9 de novembro de 2020

Xoguemos ás adiviñas!

 Aquí deixamos unhas adiviñas sobre o outono. Trata de adiviñalas todas: escribe as túas respostas co nome e curso nos comentarios. A finais de mes poñeremos as respostas.

Adiviña 1:                                                      Adiviña 2 :

 No aire se cría;                                                  Redondiña,

 no aire se ten;                                                   moreniña,         

 bota unha risada                                               pódese comer crúa; 

 e perde todo o que ten.                                        asada ou cocidiña.     

Adiviña 3:

Que cousa é que asubía sen boca, corre sen pés, pégache no cara pero non o ves?


Se coñeces máis adiviñas sobre o outono, non dubides en deixalas en comentarios.

luns, 2 de novembro de 2020

SAMAIN

Hoxe e mañá no centro... celebraremos o Samaín!

Samaín signica fin do verán, principio do inverno. Iso é precisamente o que celebraban os celtas hai máis de tres mil anos na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro: o fin da tempada de colleitas e o inicio do novo ano celta. Era un momento de transición no que as ánimas dos mortos volvían a este mundo, algunhas con boas intencións e outras con non tan boas.

domingo, 25 de outubro de 2020

kahoot Letras Galegas E.I.

 Para conmemorar o día das Letras Galegas, teredes dispoñible un Kahoot no que os nenos poden participar, aínda que precisarán axuda dalgún adulto para ler as preguntas. Antes de xogar, é preciso que vexades con atención o conto de “ As pitas baixo a choiva” de Ricardo Carballo Calero, xa que as preguntas están relacionadas.

MOI IMPORTANTE: Na pestana do Kahoot que pon: “Ingrese apodo”, escribide o voso nome e curso para poder coñecer ao gañador ou gañadora. Sorte!


VÍDEO AS PITAS BAIXO A CHOIVA

KAHOOT AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Kahoot Letras Galegas E.P.

Durante esta semana, estará dispoñible o Kahoot das Letras Galegas 2020. Antes de xogar, é importante que vexades con atención o “ vídeo resumo” que preparamos sobre a vida de Carballo Calero, xa que as preguntas están relacionadas.

MOI IMPORTANTE: Na pestana que pon: “Ingrese apodo”, escribide o voso nome e curso para poder coñecer ao gañador do Kahoot. Sorte!



VÍDEO RICARDO CARBALLO CALERO

KAHOOT RICARDO CARBALLO CALERO






 https://kahoot.it/challenge/09609584?challenge-id=6b2c2d22-ced6-497c-977e-2ebbad048395_1603466314183

xoves, 15 de outubro de 2020

Afacéndonos!

 Este ano puidemos atopar vinilos e carteis; tanto en castelán como en galego; para organizar os espazos, recordarnos as medidas de prevención do COVID e garantir a seguridade de toda a comunidade educativa.

A continuación amosámosvos algúns exemplos.

Xuntos venceremos o COVID!


     

    


Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Un ano máis seguimos co blog do E.D.L.G., co que pretendemos fomentar o uso do galego no noso centro.

Neste espazo compartiremos experiencias realizadas no centro ao longo do curso, pero tamén ofreceremos propostas nas que teredes que participar virtualmente.

Esperamos que sexa do voso agrado!

Mural inicio curso 2020-2021