mércores, 30 de maio de 2012

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN VIAL: COÑECEMOS OS MEDIOS E A FUNCIÓN DA GARDA CIVIL









Agradecemos a valiosa e desinteresada colaboración de todos os compoñentes da Garda Civil que participaron nesta interesante experiencia. Despois das charlas impartidas por D. Ramón Peña sobre o acoso escolar, a drogodependencia e o uso da Internet nos adolescentes destinada ós alumnos de 3º ciclo de primaria, tivemos a sorte de celebrar unha xornada de educación vial exhibindo e dando a coñecer a  todos os escolares os medios dispoñibles da Garda Civil.

luns, 21 de maio de 2012

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS ADICADO A VALENTÍN PAZ ANDRADE


ACTUACIÓN DO ESPECTÁCULO DE TÍTERES " O SAPO ENCANTADO"







En colaboración co equipo da biblioteca, este ano quixemos acercar os contos e a tradición abrindo unha xanela á lectura evocada e tamén para fomentar hábitos de curiosidade pola literatura e os escritores da nosa lingua. Así houbo propostas adaptadas ó nivel e destrezas do alumnado. En Educación Infantil tiveron a sorte de disfrutar do espectáculo de títeres Tres Globos ca obra: "O sapo encantado". Para os alumnos de Primaria contamos coa colaboración de Xosé Miranda, que acudiu o centro o día 29 de maio para ter unha charla coloquio cos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º, despois de realizar a lectura nas aulas de varios do seus libros.