venres, 20 de decembro de 2013

VISITA DOS REIS MAGOS Ó CEIP DE MONTERROSO

Tivemos a sorte este ano de que chegaran os Reis Magos ó carón dunha actividade dinamizadora da nosa lingua para inculcar nos máis novos a utilización da lingua galega para escribir a carta ós Reis.
Previamente, traballamos nas aulas realizando as cartas para entregar persoalmente ás súas Maxestades.
Foi unha xornada alucinante, poder sentarse no seu colo e facer a petición do seu agasallo preferido.







mércores, 13 de novembro de 2013

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO NA ESCOLA

"Polo San Martiño, a castaña molla o viño"
Unha tradición inesquecible na nosa comarca ao redor dun producto, a castaña, que ten unha importancia considerable, dada a súa produción e distribución, sendo un eixe importante na economía da nosa vila.
Fixemos a degustación das castañas e foi unha xornada lúdica e deportiva.

martes, 15 de outubro de 2013

OBRADOIRO MEDIOAMBIENTAL E DE RECICLAXE

Continuamos este ano colaborando co Banco de Tapóns de Lugo para fins solidarios e para separar e reciclar os plásticos pedindo colaboración sempre ás familias. Ánimo para traer moitos tapóns ó cole e así seguir fomentando a reciclaxe de plásticos!

martes, 17 de setembro de 2013

PROXECTO VOZ NATURA: "AFORREMOS UNHA PINGA DE ILUSIÓN"

Acadamos un ano máis  unha dotación económica importante para seguir a reforestar o noso patio escolar e tamén coñecer mellor, respetar e coidar os espazos naturais da nosa localidade: A Peneda e o río Ulla.

martes, 10 de setembro de 2013

PARABÉNS E BENVIDOS Ó CURSO 2013/2014

Un novo curso comeza cheo de ilusións e desexos para achegar as tradicións da nosa cultura, obradoiros e celebracións, para que o legado donado dos nosos devanceiros continúe a xermolar con novos proxectos en prol da dinamización da nosa lingua dentro da nosa comunidade educativa.

xoves, 6 de xuño de 2013

CONTACONTOS NA ESCOLA: O CARBALLO CON BOTAS

Para conmemorar conxuntamente o Día do Libro e a Semana das Letras Galegas, agardábamos inquietantes a colaboración dun xenial contacontos, Anxo Moure,  que engaiolou a todos os pequenos da escola, amosándonos inquietudes de respecto e coidado cos nosos bosques e coa natureza.







 
Foi unha xornada alucinante na que os nenos disfrutaron e se convertiron en contacontos por un día!

martes, 21 de maio de 2013

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano adicado ao inxenioso Roberto Vidal Bolaño e a súa obra, non nos esquecemos tampouco da poetisa Rosalía de Castro co gallo do centenario da obra Cantares Gallegos. Subliñar que o festival das Letras celebrarémolo a finais de xuño, con cantigas, coreografías e interpretacións musicais diversas.